Friday 26 de April de 2024

A Aula de Idiomas de Brión convoca dous cursos de iniciación á lingua de signos


A Aula de Idiomas de Brión convoca dous cursos de iniciación á lingua de signos. Uns cursos que terán lugar entre os meses de marzo a xuño no centro social polivalente de Brión a razón de 30 euros por mes. As inscricións poden formalizarse antes do 20 de febreiro na Casa da Cultura de Brión, no teléfono 981 509 908 ou a través do mail empregobrion@gmail.com. A admisión realizarase por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas empadroadas en Brión.

O Concello de Brión oferta dous grupos, cuxas sesións terán lugar todos os luns e mércores dos meses de marzo, abril, maio e xuño no centro social polivalente. O horario do primeiro grupo será de 20:00 a 21:00 horas e o do segundo será de 21:00 a 22:00 horas. A matrícula aboarase en dous pagos: 60 euros en febreiro e outros 60 euros en abril.